Friday, September 07, 2007

novos amigos

Onte morreu o meu ordenador, está no servicio tecnico pero me din que ainda non mo miraron.....

I eu lles dixen, e que estou coa tese.....
querendo decir..............por favor non mo aparquen ahí 1 mes, como fixeron co disco externo onde gardaba a copia de seguridade,

Agora escrebo no ordenador da miña parella, penso o curiosa que é a vida, que andando pola cidade non fas novos amigos i eu lendo o blog de leoeosseus,
paréceme de pronto que teño algo que ver con esas persoas, que compartimos curiosidades sobre o mundo ou melancolías das palabras.
e paréceme un xeito fermoso de facer novos amigos, así a través das palabras e a lectura.

2 comments:

torredebabel said...

eu sempre fun moi esceptica con isto das amistades pola rede, pero teño que dicir que conto entre os meus mais queridos amigos a varias mozas que coñecín neste blogomillo fermoso. Entendote moi ben!

silvia garcia said...

As veces na vida "non virtual" podemos sentirnos bichos raros, por non compartir os gustos da "maioría",
Nalgúns contextos resulta transgresor ata ir o traballo sin maquillar por exemplo.
O que facilita realmente a rede é coñecer persoas cos mesmos intereses ainda que vivan noutra parte do mundo!!
No teu blog vin que tiveches unha cálida acollida cando andiveches por estes lares, i é fermoso coñecer a xente coa que previamente a travñes da rede se intercambiaron reflexións,opinións e sentimentos. Na vida diaria apenas sabemos nada do que lle interesa a caixeira do supermercado ou o conserxe do colexio.....