Saturday, August 25, 2007

Que vemos na cidade?

Gústame moito viaxar soa,
vexo máis cousas,
paso desapercibida,
a realidade aparece coma un relato complexo
con todas esas persoas entrecruzándose

Vexo a un señor falarlle a outra señora de inversións para inmigrantes,
intercambian os telefonos diante miña
duas persoas maiores falando con corrección,
pero o mesmo tempo, con tantos problemas
desconfiando e con esperanza

A min me entran ganas de decirlle a señora
¿non pensa que pode ser un timo?

pero no metro todos nos subimos e baixamos, e cada un mira para outro lugar...

1 comment:

torredebabel said...

Tamén gústame viaxar no metro soa. Os de Bos Aires son bonitos e moita xente lee neles. Eu entre eles. De xeito que vou soa pero non tanto...