Thursday, September 20, 2007

que raro

Que raro vai ser ler un poema nunha voda civil,
alí no Concello,


¿Cómo se le un poema?


si a min me gusta Pessoa ou Alejandra Pizarnik

¿Qué poema se pode ler sobre a confianza , a oportunidade de coñecerse e aprender a quererse?

Hai un proceso mental que fai que nos anticipemos cunha imaxe, ás situacións novas que sabemos que se nos van a presentar: unha reunión con persoas que non coñecemos ou unha viaxe a outro país. O que non sei é si esa imaxe nos axuda a prepararnos, a imaxinar o noso comportamento nese contexto novo.....

1 comment:

torredebabel said...

fai algun tempo, unha amiga convidoume a ler na sua voda algo. Non tiña que ser un poema, dende logo, pero eu remataba o asunto cun poema de Borges que -penso- dicía xustamente o que era ben dicir nesa situación tan rara, como dis. Chámase Las Causas e é fermoso.