Saturday, October 06, 2007

cara Rumanía

Vou unha semana a Rumanía a dar clases,
un agobión o de dar clases en inglés
pero me intriga moito saber como é ese país
do que temos tantos prexuicios
vou a unha cidade do norte, Iasi, que está casi na fronteira con Moldavia
non farei moito turismo pera comprobarei porque tantos alumnos cando voltan de erasmus,
chegan namorados dese país.

Monday, October 01, 2007

o poema da voda

O final decidín ler algo na voda sobre
vivir xuntos, porque son de esas parellas que
din casarse porque precisan uns papeis,
e pensei que o realmente importante é querer seguir xuntos

así que lle lin isto:

So temos que ensinarnos as mans
De onde vimos está ahí,
O noso sorriso e mal humor, tamén

Debuxar coa mirada, as mans do outro
Debuxar o sono na mañán do domingo,
Ou as ganas de fresas ou chocolate ou pasta fresca


Debuxar coas mans unha maneira nova de quererse,
Un xeito novo
Porque somos distintos a cada paso

Debuxar silenciosamente nesa ventana que temos diante
Os últimos resortes do día
Parece que por alá abaixo
Algo ocurre

Pero estamos aquí
Ensinandonos as mans e aprendendo a querernos
Coa liberdade de coñecerse e quererse dende moito antes

o orden dos arquivos

Cada persoa ten un sistema para ordear os arquivos , as carpetas, os papeis…
pero é incrible como axuda a imaxe visual nese orden.
Despois de que morrera o meu ordenador, merqueille un de segunda man a un compañeiro que acababa de cambialo por un novo; ó copiar a miña información, dinme conta que todo estaba ahí pero o aspecto visual dos arquivos e carpetas variara e agora cóstame orientarme,
como cando voltas a unha cidade e mudaron as tendas, as referencias, e tes que acudir a xeometria desnuda dos cruces e as paralelas.