Monday, October 01, 2007

o orden dos arquivos

Cada persoa ten un sistema para ordear os arquivos , as carpetas, os papeis…
pero é incrible como axuda a imaxe visual nese orden.
Despois de que morrera o meu ordenador, merqueille un de segunda man a un compañeiro que acababa de cambialo por un novo; ó copiar a miña información, dinme conta que todo estaba ahí pero o aspecto visual dos arquivos e carpetas variara e agora cóstame orientarme,
como cando voltas a unha cidade e mudaron as tendas, as referencias, e tes que acudir a xeometria desnuda dos cruces e as paralelas.

1 comment:

Unknown said...

acabo de descubri-lo teu recuncho gracias a esta páxina (http://walk2web.com rastreando vínculos desde o meu blog) traballando (disimulando) nun venres de ponte con névoa en madrid i este post me recordou á conversa no Derby no verán
tomo nota do blog de casa atlántica, pola estética e o contido
supoño que te diría que estarei en Santiago entre o 22 e o 30, probablemente o 23 quede con Clara aínda non sei ben cando e onde pero igual podemos facelo coincidir, non sei cómo andarás por esas datas
un bico,
ammeg02