Saturday, October 06, 2007

cara Rumanía

Vou unha semana a Rumanía a dar clases,
un agobión o de dar clases en inglés
pero me intriga moito saber como é ese país
do que temos tantos prexuicios
vou a unha cidade do norte, Iasi, que está casi na fronteira con Moldavia
non farei moito turismo pera comprobarei porque tantos alumnos cando voltan de erasmus,
chegan namorados dese país.

Monday, October 01, 2007

o poema da voda

O final decidín ler algo na voda sobre
vivir xuntos, porque son de esas parellas que
din casarse porque precisan uns papeis,
e pensei que o realmente importante é querer seguir xuntos

así que lle lin isto:

So temos que ensinarnos as mans
De onde vimos está ahí,
O noso sorriso e mal humor, tamén

Debuxar coa mirada, as mans do outro
Debuxar o sono na mañán do domingo,
Ou as ganas de fresas ou chocolate ou pasta fresca


Debuxar coas mans unha maneira nova de quererse,
Un xeito novo
Porque somos distintos a cada paso

Debuxar silenciosamente nesa ventana que temos diante
Os últimos resortes do día
Parece que por alá abaixo
Algo ocurre

Pero estamos aquí
Ensinandonos as mans e aprendendo a querernos
Coa liberdade de coñecerse e quererse dende moito antes

o orden dos arquivos

Cada persoa ten un sistema para ordear os arquivos , as carpetas, os papeis…
pero é incrible como axuda a imaxe visual nese orden.
Despois de que morrera o meu ordenador, merqueille un de segunda man a un compañeiro que acababa de cambialo por un novo; ó copiar a miña información, dinme conta que todo estaba ahí pero o aspecto visual dos arquivos e carpetas variara e agora cóstame orientarme,
como cando voltas a unha cidade e mudaron as tendas, as referencias, e tes que acudir a xeometria desnuda dos cruces e as paralelas.

Thursday, September 20, 2007

foto de asteleiro


O meu avó Antonio foi carpinteiro no asteleiro de Massó en Cangas, o grande complexo da industria conservera, a memoria dun pobo. Chegou a dar traballo a mil persoas, que baixaban de Coiro, de Darbo e dende O Forte cando a serea comezaba a chamar.
Para el a fábrica Massó era un modelo, todo se facía alí, os barcos, as latas de conservar, preparar o peixe, todo, e non se explica como unha empresa así pudo ir o tacho.....

que raro

Que raro vai ser ler un poema nunha voda civil,
alí no Concello,


¿Cómo se le un poema?


si a min me gusta Pessoa ou Alejandra Pizarnik

¿Qué poema se pode ler sobre a confianza , a oportunidade de coñecerse e aprender a quererse?

Hai un proceso mental que fai que nos anticipemos cunha imaxe, ás situacións novas que sabemos que se nos van a presentar: unha reunión con persoas que non coñecemos ou unha viaxe a outro país. O que non sei é si esa imaxe nos axuda a prepararnos, a imaxinar o noso comportamento nese contexto novo.....

Friday, September 07, 2007

novos amigos

Onte morreu o meu ordenador, está no servicio tecnico pero me din que ainda non mo miraron.....

I eu lles dixen, e que estou coa tese.....
querendo decir..............por favor non mo aparquen ahí 1 mes, como fixeron co disco externo onde gardaba a copia de seguridade,

Agora escrebo no ordenador da miña parella, penso o curiosa que é a vida, que andando pola cidade non fas novos amigos i eu lendo o blog de leoeosseus,
paréceme de pronto que teño algo que ver con esas persoas, que compartimos curiosidades sobre o mundo ou melancolías das palabras.
e paréceme un xeito fermoso de facer novos amigos, así a través das palabras e a lectura.

Saturday, August 25, 2007

Que vemos na cidade?

Gústame moito viaxar soa,
vexo máis cousas,
paso desapercibida,
a realidade aparece coma un relato complexo
con todas esas persoas entrecruzándose

Vexo a un señor falarlle a outra señora de inversións para inmigrantes,
intercambian os telefonos diante miña
duas persoas maiores falando con corrección,
pero o mesmo tempo, con tantos problemas
desconfiando e con esperanza

A min me entran ganas de decirlle a señora
¿non pensa que pode ser un timo?

pero no metro todos nos subimos e baixamos, e cada un mira para outro lugar...

Saturday, April 21, 2007

paga a pena

o disco de Maria Bethania, Mar de Sophia
é unha fermosura, serve para recompoñerse por dentro, para desfrutar da melancolía sen ser cursi,
porque este canto o mar de Sophia de Mello é un disco especial, algo, que imaxino debeu levar moito para incubar, unhas cancións feitas con tanto coidado..



E escoitar este dico mentras se le a cachos a nova edición de historia da lectura de alberto Manguel, é realmente un pracer excepcional


debe ser o sol que me anima

Wednesday, February 14, 2007

e ti pola noite que faras?

pola noite
adícome a tecer e destecer ideas,
non gosto de recopilalas, ordealas, clasificales


so tecer e detecer, susang sontang fala de Sebald
(que fixo algo tan extraordinario coma incluir as imaxes nos seus libros)