Friday, January 19, 2007

dende o Derby en Santiago


Este café é moi fermoso, (e vese camiñar as persoas tan atarefadas....)

conexion, por fin!!!

Hoxe estou estreando internet en casa, hai un ano e tres meses que nos mudamos toda a familia e nese tempo a compañía telefónica decidiu que poñer un poste para que o cable cruzara de aceira el sozinho, demasiada inversión para uns usuarios: individuais, cabreados e inofensivos, pero agora estreo internet comodamente dende o sofá e viaxo con Google Earth polas fermosas vistas da cidade de La Plata e a cidade prohibida de Beijing.

Qúe fermoso parece o mundo dende esta vista cenital, non se asoman as miserias nesta vista que emula os deuses.

Dende esta visión non se pode sentir empatía, como se sinte ó ver a película "ninguen sabe" cun director que filmou fermosos momentos de intimidade cotiá , 4 nenos creando un mundo tan fráxil.....

Monday, January 08, 2007